10 jun 2010

SE PUEDE TRANSMITIR LA PLAZA DE AMARRE DEL PANTALAN

PORTOS DE GALICIA AUTORIZA A TRANSMISIÓN DAS AUTORIZACIÓNS DE ATRACADA SIMULTANEAMENTE COA TITULARIDADE DA EMBARCACIÓN NÁUTICO RECREATIVA


Sábado, 01 Maio 2010

A simplificación dos trámites repercute nunha reposta rápida e eficaz cara ao usuario mellorando a calidade dos servizos portuarios

• A necesidade de axilizar os trámites e a demanda por parte dos usuarios fixeron que Portos de Galicia tomara esta decisión que se suma á posta en marcha, desde primeiro deste ano, dunha rebaixa nas taxas

• Esta actualización supón unha importante modificación das condicións anteriores polas que se regulaba o réxime de autorizacións de atracada do ente publico



Santiago, 01 de maio de 2010.- O ente público Portos de Galicia anuncia que a transmisión da titularidade da autorización de atracada para embarcacións náutico recreativas poderase realizar simultaneamente coa transmisión da titularidade da embarcación que se atope na mesma praza de atraque. Esta simplificación dos trámites repercute nunha resposta rápida e eficaz cara ao usuario, mellorando a calidade dos servizos portuarios.



Esta actualización supón unha importante modificación das condicións anteriores polas que se regulaba o réxime de autorizacións de atracada do ente publico. A demanda solicitada polos usuarios das embarcacións náutico recreativas así como a necesidade de axilizar os trámites fixeron que Portos de Galicia tomara esta decisión que se suma á posta en marcha, desde primeiro deste ano, das rebaixas nas taxas portuarias que estimulará a actividade nos portos.

Neste senso, dita autorización outórgase con carácter persoal e intransferible para un só titular e para unha embarcación concreta. Non obstante, nestas autorizacións, poderíase admitir a substitución ou cambio de embarcación, á persoa autorizada, sempre que se adapte ás dimensións previstas para a clase de amarre de que se trate.

As autorizacións vixentes ata o de agora non permitían este tipo de transmisións, somente nas denominadas “mortis causa”, é dicir, ao falecemento do titular. Con esta nova disposición facilitase a propia xestión de este tipo de autorizacións, ao mesmo tempo que repercute na axilidade do trámite administrativo e na rapidez da xestión.







Portos Xacobeos

No hay comentarios:

Publicar un comentario