16 may 2013

VEDA DEL PULPO

El 14/5/2013 la Xunta aprobó la resolución sobre el pulpo.

Fija el período de veda entre las 16:00 horas del día 17/5 hasta las 6:00 del 1/7.

A continuación os ponemos las novedades para esta temporada 2013/2014:

Novidades
Ademais da duración da campaña, outra das novidades importantes é o réxime de calamento das nasas. Así, de Cabo Silleiro a Corrubedo as nasas terán que levantarse do seu calamento e levarse a porto todos os días, coa excepción de aquelas que estean establecidas en fondos superiores aos 25 metros que poderán permanecer no seu calado de luns a venres sen ser levadas a porto. No resto do litoral galego, as nasas poderán permanecer no seu calamento sen seren levadas a porto, incluso durante o período de descanso semanal.
Co fin de compensar o esforzo pesqueiro entre as zonas con distinto réxime de calamento das nasas, naquelas zonas onde estas poidan quedar caladas durante a fin de semana -de A Guarda a Cabo Silleiro e de Corrubedo ao río Eo- ao período de veda establecido de xeito xeral para o ano 2014, engadirase un período de inactividade equivalente ao 50% dos días totais da veda xeral.
En canto ao balizamento, cabe destacar que os extremos ou cabeceiras de cada unha das caceas que se manteñan caladas deberán ser balizadas e identificarase axeitadamente, indicando de forma clara e visible a matrícula e o folio da embarcación, así como a letra “N”. A partir do remate da veda deste ano, todas as nasas deberán levar visible un precinto codificado e seriado entregado pola Consellería.
Outra das novidades importantes é o establecemento dos puntos de descarga, control e venda. Soamente se poderá descargar polbo nos portos autorizados para elo pola Consellería a proposta das Federacións provinciais de Confrarías de Pescadores. En cada un deses portos autorizados establecerase un punto principal de descarga para facilitar as labores de control de capturas; estando o máis próximos posible á lonxa de comercialización. Para cada punto de descarga estableceranse previamente os horarios correspondentes.

Por último, establecerase un programa de seguimento e control, levado a cabo pola Subdirección Xeral de Gardacostas en colaboración cos gardapescas das confrarías e os servizos contratados ao efecto. Deste xeito, reforzaranse os servizos de control en terra e mar, así como nos puntos de descarga e en instalacións frigoríficas, de transformación ou comercialización. Paralelamente crearase unha Comisión de Seguimento do Plan de xestión do polbo que se reunirá cunha periodicidade mínima trimestral.

Período de veda
O período de veda para este ano queda establecido entre as 16:00 horas do 17 de maio ata a s 6:00 horas do 1 de xullo. As capturas desembarcadas o último día poderán ser comercializadas ao día seguinte naquelas lonxas nas que tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os sábados. Polo tanto, neste período queda expresamente prohibida a captura do polbo en augas de competencia da nosa Comunidade. Pola súa parte, as embarcacións dedicadas á captura de polbo con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto.
Especies e cotas
A especie de captura obxecto deste Plan será o polbo ( Octopus vulgaris), tendo as demais especies acompañantes que cumprir cos tamaños mínimos esixidos e sendo o seu peso non superior ao 10% do peso das capturas totais autorizadas para cada embarcación e día.No referente ás cotas máximas diarias de captura e desembarco, o novo Plan establece que dende o 1 de xullo ata o 31 de outubro a cota máxima será de 30 quilos por barco e día, ao cal se lle engadirán outros 30 kg/día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 210 kg/día.

No que resta da campaña a cota máxima será de 50 kg por embarcación e día, ao cal se lle engadirán outros 50 kg/día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 350 kg/día. Estas embarcacións con nasa para polbo poderán iniciar a súa actividade ás 6:00 horas e deberán finalizala ás 16:00 horas. O descanso semanal desenvolverase dende as 16:00 horas do venres ata as 6:00 horas do luns

No hay comentarios:

Publicar un comentario